Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 31 de mayo de 2019 | Leída 30 veces

Feijóo agradece a The Ritz-Carlton a confianza depositada en Galicia tras a contratación a Barreras dun segundo cruceiro

Subliña que con este novo pedido o estaleiro afianza a súa entrada no segmento dos cruceiros e o naval galego reivindica a súa capacidade para construír buques tecnoloxicamente avanzados. Agarda que o vencello que hoxe se consolida dea lugar a novos e mellores proxectos cos que amosar ao mundo que o naval galego é un sector de vangarda...

[Img #48597]O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu onte á compañía The Ritz-Carlton Yacht Collection a confianza depositada en Galicia despois de que se oficializara o contrato aos estaleiros de Barreras en Vigo dun novo cruceiro. Trátase dunha segunda unidade, similar á que xa se está construíndo nestes momentos, que eleva o montante total da operación aos 500 M€.

 

Con este novo pedido asignado a Barreiras, sinalou, o estaleiro afianza a súa entrada no segmento dos cruceiros e o naval galego reivindica a súa capacidade para construír buques tecnoloxicamente avanzados, en segmentos cada vez máis especializados e baixo estritos niveis de esixencia.

 

É ademais unha moi boa nova para o sector naval galego, que rexistra o maior volume de actividade da última década. Tanto é así, dixo, que o 66% de todos os contratos logrados nos tres primeiros meses do ano foron adxudicados aos estaleiros galegos, 6 de cada 9, ao que engadiu que, en total, a industria naval galega conta con 30 dos 58 buques contratados ao Estado. Galicia sitúase no segundo posto europeo de contratos de buques xa asinados, despois dos Países Baixos.

 

Unhas cifras sobresaíntes que evidencian que este sector soubo remontar desde a crise do tax lease, chegando mesmo a cuadriplicar desde entón a súa actividade grazas á súa aposta pola diversificación da produción e pola mellora tecnolóxica.

 

Ao longo da súa alocución, o presidente da Xunta fixo referencia tamén a viaxe realizada no mes de febreiro a Miami, ocasión na que Feijóo aproveitou para trasladarlle ao conselleiro delegado de The Ritz-Carlton Yacht Collection, Douglas Prothero, á dirección de PortMiami e aos principais operadores de cruceiros do país, que Galicia quere ser escala de referencia na costa Atlántica, tanto a nivel turístico como no relativo ao sector naval.

 

Finalmente, o titular da Xunta expresou o seu desexo de que o vencello que hoxe se consolida dea lugar a novos e mellores proxectos cos que amosar ao mundo que o naval galego é un sector de vangarda. “En Galicia sabemos construír barcos”, sentenciou.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress