Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 31 de mayo de 2019 | Leída 82 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As Pontes, Muros e Oroso acollerán esta fin de semana a 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron onte o evento na sede da Deputación da Coruña. O presidente provincial destacou “o apoio ao ciclismo” do goberno provincial durante este mandato e “o importante investimento levado a cabo para mellorar as estradas provinciais, apostando especialmente pola seguridade de ciclistas e peóns”…

[Img #48592]

 

Os concellos de As Pontes, Muros e Oroso serán este ano as sedes centrais da 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 31 de maio e 2 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

 

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz foron os encargados de presentar onte este evento deportivo nun acto celebrado no salón de plenos da Deputación, no que participaron tamén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

 

González Formoso destacou que a Deputación da Coruña vén apoiando dende os seus inicios unha Volta Ciclista á Provincia que este ano “cumpre a súa mayoría de idade”.

 

O presidente provincial destacou ademais “o apoio ao ciclismo” do goberno provincial e “o importante investimento levado a cabo durante este mandato para mellorar as estradas provinciais, apostando especialmente pola seguridade de ciclistas e peóns”. 

 

Un aspecto no que tamén incidiu o deputado de Deportes, Antonio Leira, que lembrou que aproximadamente un terzo das estradas provinciais (aquelas máis transitadas por ciclistas) contan con sinais que advirten da obriga de deixar 1,5 metros de distancia nos adiantamentos de vehículos e puxo en valor proxectos importantes para a mobilidade coma a rede ciclista metropolitana da Coruña.

 

Leira destacou as importantes probas ciclistas que patrocina a Deputación e manifestou o seu desexo de que a Volta siga celebrándose outros dezaoito anos.

 

 

Etapas da Volta

Nesta 18 edición da Volta participarán un total de 17 equipos, seis deles galegos, e cabe destacar a participación, por primeira vez na historia do evento, dun equipo colombiano.

 

A proba comezará hoxe venres 31 de maio, ás 13:30 horas, na praza do Concello de As Pontes. Dende alí partirá un itinerario de 150 quilómetros que percorerrá Penapurreira, Goente, As Neves, Pontedeume, Cabanas, Fene, Neda, San Sadurniño, Valdoviño, Cedeira, As Somozas, para rematar de novo nas Pontes arredor das 17:15 h.

 

O sábado 1 de xuño a etapa da Volta partirá de Muros ás 14:00 horas, dende onde se realizará un percorrido de 141,6 quilómetros que pasará por Serres, Abelleira, Esteiro, Freixo, Serra de Outes, Cruceiro de Roo, Tal, Abelleira, o alto das Paxareiras, Muros, San Francisco, Lira, Carnota, O Viso, Paxareiras, Serres e meta en Muros.

 

A derradeira etapa, de 140 quilómetros, disputarase o domingo 2 de xuño. Sairá de Sigüeiro (Oroso) para pasar por O Rial, Tordoia, A Tablilla, Xesteda, Cerceda, Ordes, Oroso, Penateixada, Santa Irene, Touro, Pedrouzo, Santiso, Saamil e fin de etapa de novo en Sigüeiro.

 

[Img #48593]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress