Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 31 de mayo de 2019 | Leída 22 veces

Aprobados por unanimidade todos os puntos do Pleno ordinario celebrado onte

Foron en todos os casos cuestións de administración ordinaria. O alcalde anunciou que se sacarán a licitación os proxectos de mellora da eficiencia enerxética tan pronto se completen os trámites da transferencia de créditos. Aprobouse unha bonificación do 95% no ICIO ao proxecto de renovación do valado do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco...

[Img #48589]

 

Onte celebrouse o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio no que todos os asuntos da orde do día foron aprobados por unanimidade dos concelleiros –en funcións- presentes na sesión –non asistiron os dous edís do grupo socialista-.

 

A cuestión máis relevante foi a aprobación da transferencia de créditos por un importe total de 86.108,46 euros que permitirá reforzar as partidas necesarias para dispoñer dos fondos requiridos para afrontar as achegas municipais que o Concello da Laracha debe asumir na construción do viveiro de empresas e tamén na execución dos proxectos de substitución das luminarias do alumeado público exterior en todo o termo municipal (núcleos urbanos, núcleos rurais e entorno do parque empresarial) e no interior de edificios municipais (Casa Consistorial, biblioteca da Laracha, servizos múltiples e centro sociocultural de Paiosaco) e pavillóns polideportivos (municipal da Laracha, IES Agra de Leborís, Paiosaco e Caión).

 

O alcalde, José Manuel López Varela, adiantou que estes cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética –todos eles cofinanciados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de le Energía (IDAE)-, serán sacados a licitación tan pronto se culminen os trámites da transferencia de créditos aprobadas hoxe. Tamén apuntou que o investimento municipal será amortizado nun prazo de “tres ou catro anos” co aforro que implicará no consumo eléctrico, e que iso “repercutirá na economía do Concello”.

 

O outro dos asuntos aprobados foi a modificación da base de execución do orzamento sobre as subvencións municipais ás comisións de festas das diferentes parroquias. O cambio refírese exclusivamente aos nomes dos beneficiarios das axudas económicas, xa que en determinados casos comunicouse ao Concello que as festas ían ser organizadas por outras asociacións diferentes ás inicialmente previstas.

 

Por último, repetiuse a unanimidade na aprobación da aplicación dunha bonificación do 95% no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) ao proxecto de renovación do valado do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco por tratarse dunha actuación considerada de especial interese ou utilidade municipal. López Varela aplaudiu a actuación que se vai executar no colexio e explicou que, trala decisión do Pleno, soamente terán que aboar por concepto de ICIO a cantidade de 10,42 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress