Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 31 de mayo de 2019 | Leída 103 veces

Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco, celebrou o seu 103 aniversario

É coñecida como Jesusa A Cociñeira e reside en Paiosaco. O alcalde agasallouna en nome da Corporación municipal...

[Img #48588]

 

A señora Jesusa Castiñeira González –coñecida como Jesusa a Cociñeira, xa que exerceu esa profesión no primeiro grupo escolar da Laracha- cumpriu o seu 103 aniversario e festexouno con parte dos seus familiares. Jesusa fora a persoa de maior idade das asistentes á Festa-Homenaxe aos nosos maiores celebrada o pasado día 18 de maio baixo a organización do Concello da Laracha.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Rocío López e Ramiro Bello felicitaron en persoa a Jesusa polo seu aniversario e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

Jesusa reside en Paiosaco xunto á súa filla Lita, o seu xenro Pepe Regueira e dous netos, Héctor e Mónica. As súas outras dúas fillas son Otilia e Dolores, que están casadas con Jaime e Enrique.

 

Na festa de aniversario tamén estiveron Montserrat (neta) e Nicolás (bisneto), que acudiron desde Suíza, onde residen, e tamén Natividad (neta), que vive en Granada.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress