Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 30 de mayo de 2019 | Leída 47 veces

A Xunta destina 10M€ para os programas integrados de emprego, que facilitarán o acceso de 4.000 persoas desempregadas ao mercado laboral

Feijóo subliña que os beneficiarios, administracións locais e entidades sen ánimo de lucro, recibirán 2.500 euros por cada participante. Di que a actual convocatoria introducirá dúas novidades, incluirase o colectivo de persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia e a formación estará dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade...

[Img #48585]

 

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou onte, na rolda de prensa do Consello da Xunta, da convocatoria dunha nova edición dos programas integrados de emprego, unha ferramenta que ofrece aos participantes formación, asesoramento e orientación laboral.

 

Para tal fin, subliñou, destinarase entre 2019 e 2020 un orzamento de 10M€ que poden solicitar tanto as administracións locais como as entidades sen ánimo de lucro. Un investimento a través do cal os beneficiarios recibirán 2.500 euros por cada participante, mantendo o incremento de 100 euros introducido o ano pasado, e no que se espera que participen 4.000 persoas desempregadas.

 

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que, ao igual que acontecera en anteriores edicións, terán prioridade os concellos emprendedores, resérvanse 2M€ de orzamento para plans específicos para mulleres, e primaranse os proxectos nos que se implique o tecido empresarial. Ao que engadiu que a actual convocatoria tamén introducirá dúas novidades, incluirase o colectivo de persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia e a formación estará dirixida á obtención, de polo menos, un certificado de profesionalidade.

 

A este respecto, Feijóo puntualizou que estes programas establecen como obxectivo a inserción laboral de como mínimo o 35% dos participantes. Aínda que a inserción media alcanza o 50%. “Desde 2009 e ata a edición anterior o orzamento destinado é de 55 M€ dos que se beneficiaron 34.000 persoas desempregadas”, abundou.

 

En definitiva, deste xeito dáse continuidade á folla de ruta fixada na Axenda 20, que ten como obxectivo central que o paro se reduza ata un 10% no horizonte de 2020, nun momento, o actual, no que Galicia leva preto de 5 anos e medio consecutivos creando emprego e superou o millón de afiliacións á Seguridade Social.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress