Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 30 de mayo de 2019 | Leída 39 veces
ARTEIXO

O Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, regresa a Arteixo

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura , organizado por tres empresas galegas, no que as mulleres creadoras son as protagonistas e no que se procura un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos e estilos...

[Img #48578]

 

Serán 9 días de actividades que van do 24 de maio ao 2 de xuño, día no que finaliza o Festival no Teatro Colón da Coruña coa actuación de Amparanoia. Música punk, narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica e creativa, performance, monólogos, swing, folk galego, etc. Todo iso circulando por seis concellos da área metropolitana de A Coruña, entre eles Arteixo. Artistas que nos visitan  dende Estados Unidos, Portugal, México, Catalunya, Madrid, Andalucía … e moitas propostas galegas.

 

A proposta escollida para Arteixo é Marina Gundín & The Místers. Un proxecto que une a sonoridad dun quinteto de jazz ao uso, con arranxos e temas propios que achegan personalidade e frescura no seu directo.

 

Os seus integrantes, suman as súas experiencias e sons particulares, para conseguir transportar ao oínte ao swing de mediados de S. XX , nun ambiente actual. A voz de Marina Gundín, ten como inspiración a Billie Holiday e Ela Fitzgerald, entre outras.

 

A esta, acompáñanlle unha banda formada polo son característico do saxo tenor de  Gueorgui Oganesian; o acompañamento orixinal de  Alber Grela á guitarra; un contrabaixo de son fresco nas mans de Miguel Piñeiro; e unha batería lixeira e precisa tocada por Brais Villar.

 

O seu repertorio, ten como base estética as composicións de jazz de mediados de século XX e desenvolven dita  sonoridad con seccións máis modernas.

 

Un grupo que estimula todos os sentidos do oínte no seu directo.

 

O concerto será este venres, 31 de maio, ás 20:00 h no Auditorio do CCC de Arteixo, con entrada: 3 € (2,25 € para colectivos especiais que o acrediten).

 

[Img #48579]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress