Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 30 de mayo de 2019 | Leída 15 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña destina máis de seiscentos mil euros ao tecido da cultura popular e tradicional

Apoia o programa de actividades e os investimentos das asociacións a través de dúas liñas de axudas…

[Img #48577]A área de Cultura da Deputación da Coruña apoia cun total de 629.670 € o tecido da cultura popular entre os que se atopan corais polifónicas, bandas de música e entidades de música e baile tradicional. En concreto, achéganse 448.683 € para actividades e 180.987,23 para investimentos. "O apoio responde ao importante papel que estas entidades teñen no dinamismo da cultura popular e tradicional", sinala Goretti Sanmartín.

 

Un total de 119 entidades para a liña de actividades e 93 para a de investimentos son as beneficiarias das axudas que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina ao tecido da cultura popular implantadas no territorio da provincia. En total, son máis de seiscentos mil euros que se achegan a través da convocatoria de dúas liñas de axuda en concorrencia competitiva pola que, nesta edición, se achegan 448.683 € para actividades e 180.987,23 para o financiamento de investimentos.

 

Programación xeral de actividades, produción de espectáculos, accións formativas, recuperación e difusión de patrimonio cultural, encontros de bandas e grupos, organización de concursos e romarías, intercambios, xuntanzas musicais ou concertos son algunhas das iniciativas que se apoian a través da liña de actividades culturais.

 

En canto á de investimentos, a Deputación da Coruña subvenciona o financiamento de vestiario, equipos de megafonía ou informáticos, instrumentos ademais de melloras dos locais ou compra de mobiliario.

 

Asociacións como Sementeira de Cambre, Agrupación Cultural Arume de Carballo, a Banda de Música de Arzúa, a Orquestra Gaos, Xacarandaina, Cantares Gallegos, , Cantigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Brincadeira ou o Coro Toxos e Froles son algunhas das entidades beneficiarias das axudas da Deputación da Coruña.

 

"Estas axudas tradúcense no afortalamento das asociacións e na promoción a través da participación e a difusión da nosa cultura tradicional e popular que supón, a súa vez, milleiros de persoas teñan un papel activo na creación cultural", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei para quen estas entidades están a "contribuír de maneira sólida a manter viva a nosa cultura".

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress