Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 29 de mayo de 2019 | Leída 17 veces

O Pleno ordinario correspondente ao mes de maio celebrarase o xoves

Trataranse cuestións de administración ordinaria. Un dos asuntos será a transferencia de crédito necesaria para afrontar as achegas municipais da renovación das luminarias e da construción do viveiro de empresas. A outra cuestión que se votará está relacionada coas subvencións municipais ás entidades que organizan as festas parroquiais no verán...

No Concello da Laracha celebrarase este xoves a partir das 13:30 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio cuxo contido céntrase en cuestións de administración ordinaria. Os dous asuntos que elevará ao Pleno o grupo de goberno están relacionados con cuestións de índole económica e foron sometidos a ditame da Comisión Informativa de Facenda.

 

Por unha parte, proponse aprobar as transferencias de créditos que permitirían dispoñer dos fondos necesarios para afrontar as achegas municipais que o Concello da Laracha deberá asumir na execución dos proxectos de completa renovación das luminarias do alumeado público e dos edificios e instalacións municipais -cofinanciado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de le Energía (IDEA)-  e tamén da construción do viveiro de empresas –cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria-.

 

En total serían 86.108,46 euros os que se transferirían procedentes de sobrantes doutras partidas orzamentarias que non van ser empregadas nesta anualidade e que non afectan a ningún servizo, programa nin proxecto municipal.

 

O outro dos asuntos que votarán os concelleiros en funcións será a modificación da base de execución do orzamento na que se contemplan as subvencións municipais ás comisións de festas das diferentes parroquias. O cambio refírese exclusivamente ao nome dos beneficiarios das axudas económicas, xa que en determinados casos comunicouse ao Concello que as festas ían ser organizadas por outras asociacións diferentes ás inicialmente previstas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress