Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 29 de mayo de 2019 | Leída 50 veces

Formalizado o contrato do servizo de limpeza dos edificios e instalacións municipais

Foi asinado polo alcalde e representantes da empresa Limpiezas y Servicios Xalo. Inclúe os edificios administrativos e instalacións culturais e deportivas. O outro lote, adxudicado a outra empresa, contempla a limpeza dos centros de ensino...

[Img #48574]

 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e representantes da empresa Limpiezas y Servicios Xalo formalizaron onte o contrato do servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais que inclúe a Casa do Concello, edificio administrativo, Casa da Cultura, bibliotecas da Laracha centro sociocultural de Paiosaco, centro sociocultural da Insua, consultorio médico de Caión, pavillóns polideportivos de Xermaña e do IES Agra de Leborís, campo de fútbol A Porta Santa, centro municipal de emerxencias no parque empresarial e o Centro Comunitario de Caión.

 

Ademais, nos próximos días tamén será formalizado con outra empresa adxudicataria os servizos tanto de limpeza como de conserxería dos tres centros de educación infantil e primaria máis importantes do Concello (Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión) e a limpeza da escola unitaria de Cumiáns (Montemaior) e da escola infantil da Laracha.

 

Ambos contratos foran sacados a licitación –procedemento ao que concorreron doce empresas- por un importe conxunto próximo aos 317.000 euros anuais. A duración dos mesmos será por dous anos prorrogables por un máximo doutros dous anos máis.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress