Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 28 de mayo de 2019 | Leída 32 veces

Máis de dous mil escolares galegos participan no programa educativo para a prevención do tabaquismo, Clases sen Fume

Os conselleiros de Sanidade e Educación presiden o acto de entrega dos premios desta iniciativa que trata de evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos. O vindeiro día 31 celébrase o Día Mundial sen Tabaco, e a Organización Mundial da Saúde quere chamar a atención dos danos que esta substancia provoca no noso sistema respiratorio, tanto co consumo activo como coa exposición pasiva. Resultaron gañadores, o curso 2º A do IES Antón Losada da Estrada (Pontevedra); 1º C do IES Melide (A Coruña) e 1º A IES Carlos Casares de Vigo...

[Img #48573]

 

Un total de 2.028 escolares de 92 aulas, procedentes de 39 centros diferentes de toda Galicia, participaron na edición 2018-2019 do programa educativo Clases sen Fume, iniciativa que organiza a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación. O principal obxectivo deste programa educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. O acto estivo presidido polos conselleiros de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña e Carmen Pomar Tojo, respectivamente.

 

Na súa intervención, Almuiña lembrou que, o vindeiro día 31, se celebra o Día Mundial sen Tabaco, e a Organización Mundial da Saúde quere chamar este ano a atención dos danos que esta substancia provoca no noso sistema respiratorio, tanto co consumo activo como coa exposición pasiva.

 

O responsable da sanidade pública galega felicitou aos escolares e aos seus titores que, ao longo de seis meses, traballaron en distintas actividades para coñecer, por eles mesmos, os beneficios que conleva non iniciarse no consumo do tabaco. Sinalou, ademais, a imaxinación e o bo facer nas actividades realizadas polos escolares. “Agora xa sabedes que calquera consumo ou exposición pasiva pode ocasionar enfermidades, non existe ningún consumo seguro, exento de risco, por iso o único que vale é o consumo cero”, -díxolle Almuiña aos escolares-.

 

Tamén incidiu en que, ano tras ano, temos que conseguir que a rede galega de praias sen fume creza “e que Galicia sexa a primeira comunidade autónoma na que todas as súas praias estean libres do fume do tabaco”. Na actualidade, xa son un total de 141 as praias que conforman a rede galega de praias sen fume.

 

Pola súa banda, Carmen Pomar sinalou a importancia de iniciativas como Clases sen Fume, que facilitan que "a escola sexa o lugar onde a sociedade comeza a transformarse positivamente, o berce da evolución e o progreso de Galicia". Así mesmo, agradeceu o traballo e implicación de docentes e alumnado en programas que "favorecen o desenvovlemento dunha aprendizaxe activa, integrando dinámicas motivadoras a través da innovación. E que son, tamén, a demostración dun compromiso, o das vosas comunidades educativas e as de todos os centros participantes - acadaran ou non un premio- coa loita contra o tabaquismo e co fomento de hábitos saudables".

 

Actividades e premiados

Clases sen Fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º e 2º de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. Con esta iniciativa, que forma parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación, búscase o compromiso colectivo de toda a clase, é dicir, alumnado e titor, para estar 6 meses sen fumar durante o curso escolar. Neses meses, os escolares realizan actividades creativas en relación coa prevención do tabaquismo e traballan as unidades didácticas relacionadas co tema.

 

Na edición deste ano resultou premiado, no apartado a mellor eslogan, (“Paso de fumadores, e ti?”) o curso 2º A do IES Antón Losada da Estrada (Pontevedra). O primeiro premio de actividade creativa (“Que non che vendan a caixa”) foi para 1º C do IES Melide (A Coruña). O segundo premio da actividade creativa foi para o 2º A do IES Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo). Na categoría de Clases sen Fume, o premio foi para 1º A IES Carlos Casares de Vigo.

 

Recibiron accesits, 1ºB IES Moncho Valcárcel das Pontes; 1ºA CPR Padre Feijoo Zorelle de Ourense; 2ºA IES Laxeiro de Lalín; e 1ºA do IES A Guía de Vigo.

 

Sinalar, por último que esta é a 16 edición do programa, que contou coa colaboración de patrocinadores externos, que foron o Concello de Cerceda, a empresa Monbús e a Cooperativa CLUN.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress