Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 26 de mayo de 2019 | Leída 16 veces

A praia de Caión contará con seis socorristas e un coordinador do servizo durante o próximo verán

Dous deles son contratados polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia. Os outros catro e o coordinador prestarán o servizo a través da empresa adxudicataria do procedemento de contratación...

O Concello da Laracha está a concluír os procedementos de contratación do servizo de salvamento e socorrismo que estará operativo durante o verán na praia de Caión.

 

O número total de efectivos será de seis persoas máis o coordinador. Dous dos socorristas serán contratados directamente polo Concello –coa colaboración económica da Xunta de Galicia- por medio do procedemento de selección de persoal dirixido exclusivamente aos aspirantes preseleccionados polo Servizo Público de Emprego. As bases poden consultarse na web municipal.

 

Os outros catro socorristas e o coordinador prestarán o servizo a través da empresa Top Rescue, que resultará adxudicataria ao ser a única que presentou oferta no procedemento de contratación realizado polo Concello. Precisamente a Mesa de Contratación procedeu no día de onte á apertura das plicas e na próxima reunión da Xunta de Goberno Local será adxudicado o servizo, que financiará o Concello da Laracha e que fora sacado a licitación por un importe de 30.500 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress