Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 26 de mayo de 2019 | Leída 34 veces

A undécima edición do día do deporte da Laracha celebrarase o próximo sábado

Desde as 10:00 horas nas explanadas do IES Agra de Leborís, biblioteca municipal da Laracha e Casa da Cultura e na piscina municipal. O Concello promociona a práctica das actividades físicas e os estilos de vida saudables. Haberá un stand informativo do Club de Salvamento Acuático Laracha. Realizaranse sorteos entre todos os participantes dos regalos doados por entidades e empresas colaboradoras...

Por undécimo ano consecutivo o Concello da Laracha recibe o mes de xuño celebrando unha nova edición do Día do Deporte, que terá lugar durante toda a mañá do sábado da próxima semana.

 

Trátase dun dos eventos habituais na programación municipal anual que se organiza cos propósitos de fomentar a práctica de diversidade de tipos de actividade física e promocionar os estilos de vida saudables entre persoas de todos grupo de idade, en especial dos nenos e dos maiores.

 

Desde as 10:00 horas as explanadas situada xunto ao IES Agra de Leborís, a biblioteca municipal da Laracha e a Casa da Cultura, así como a piscina municipal, serán os puntos de encontro para todas as persoas que desexen participar e formar parte desta xornada saudable, deportiva e lúdica. Poderanse practicar modalidades como fútbol 3x3, baloncesto, judo, tiro con arco, xadrez, equitación, chave, bádminton, ximnasia de mantemento, spinning, zumba e aeróbic. Na piscina municipal realizarase aquagym de 10:45 a 11:15 horas e no pavillón do IES Agra de Leborís haberá unha exhibición de patinaxe a partir das 11:00 horas coa que se concluirán a temporada das escolas deportivas municipais. Tamén se clausurará a actividade municipal de zumba kids cunha exhibición na explanada fronte á biblioteca a partir das 12:30 horas.

 

Ofrecerase a posibilidade de practicar estes deportes de forma libre, dirixida e, no caso do baloncesto, na modalidade de competición en tiros libres e triples, para o que será preciso a inscrición previa no propio lugar do desenvolvemento da actividade. Tamén os clubs de chave terán o seu propio torneo durante a xornada.

 

Ademais, as propostas lúdico-deportivas que estarán a disposición dos asistentes serán a equitación, karts a pedais, escalada tobogán, ra, portería inchable, táboa de surf e barredora.

 

Durante toda a xornada haberá un stand informativo do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) no que a entidade aproveitará para dar a coñecer a actividade que desenvolve.

 

O final está previsto para as 13:30 horas, momento no que se realizarán os sorteos dos premios doados polas empresas colaboradoras entre todas as persoas que participaron nalgunha das modalidades deportivas durante a mañá.

 

Na organización do evento colaboran co Concello da Laracha: Abanca, la Caixa, Hidroeléctrica Laracha, Supermercados Gadis, Autoservicios Familia, Cristalería El Reflejo, Diario de Bergantiños, La Voz de Galicia, Deportes San Remo, O Noso Café, Cervecería M3, Hotel-Restaurante ABC, Imprenta Esymar, Hebe Sport, Esproade Servicio Integrados e a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress