Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 15 veces
CAMBRE

Unión por Cambre é a formación que está a cambiar Cambre

Óscar García Patiño pide o voto para o único partido que fala exclusivamente de Cambre, sen ataduras de ningún tipo…

Unión por Cambre (UxC) pecha a campaña cun acto no Parque Ramón Barba, no Temple, ante centos de veciños e veciñas. Ante eles, o candidato de UxC, Óscar García Patiño, defendeu o voto a UxC como o único partido que só defende os intereses de Cambre, sen ataduras con ninguén e sen ter que cumplir mandatos de esferas superiores.

 

García Patiño afirmou, ante os asistentes, que a súa formación xa demostrou nestes catro anos ao frente do goberno, que hai outra forma de facer política. Unha política na que a participación veciñal está garantida, donde a veciñanza participa activamente nos orzamentos participativos. Unha lexislatura na que UxC botou a andar tamén o plan xeral, que xa conta co seu estudio de inicio, e no que está a participar activamente os veciños e veciñas de Cambre.

 

García Patiño lembrou que cando él chegou á alcaldía non había ningún proxecto enriba da mesa, hoxe deixa proxectos por valor de tres millóns e medio de euros aos que dará continuidade o próximo goberno de Cambre.

 

O candidato de UxC defendeu o voto ao seu partido porque a súa candidatura é a de homes e mulleres de Cambre que miran polo ben do seu concello. Mulleres e homes relacionados con asociacións do municipio que saben de primeira man cales son as necesidades de Cambre e como hai que traballar polo ben xeral da veciñanza, algo que levan facendo dende hai anos en diferentes organizacións municipais.

 

Patiño, que fixo balance dos catros anos que estivo ao fronte do goberno tripartito, destacou o cambio que están a vivir as zonas urbanas do concello e asegurou que quen impulsou a transformación de Cambre, A Barcala e O Temple foi a súa formación, dende unha concellería de urbanismo que está a mudar a política urbanística de Cambre.

 

Pero tamén falou do rural, do Mero no que pretende facer unha importante actuación para convertelo no parque da área metropolitana, do plan especial da N-VI, das enerxías alternativas, dos servizos sociais e da área metropolitana, entre outras. Durante o seu discurso de peche de campaña, o candidato de Unión por Cambre defendeu a importancia de non estar atado a ninguén para defender únicamente os intereses xerais de Cambre e dos seus veciños e veciñas e afirmou que se Cambre quere seguir avanzando e transformándose debería confiar catro anos máis de goberno a súa formación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress