Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 47 veces
PSOG-PSOE

Martín Seco: “Chegou o momento do cambio en Arteixo, de facer políticas para o emprego e políticas sociais para a veciñanza”

O candidato socialista destacou que queren dotar aos barrios de infraestruturas e espazos de lecer, ademais de poñer en marcha medidas para axudar á conciliación e mellorar a calidade de vida dos maiores. O PSdeG-PSOE celebrou o peche de campaña no restaurante do Balneario...

“Chegou o momento do cambio en Arteixo, de que as políticas sexan para beneficio da cidadanía, para mellorar a súa calidade de vida. Queremos un municipio onde conciliar a vida familiar e profesional sexa posible, un Arteixo más verde e cunhas políticas de emprego planificadas e que beneficien e a todos e todas as veciñas por igual. Non pode ser que haxa máis de 2.000 veciños sen emprego”, asegurou Martín Seco, candidato á Alcaldía polo PSdeG-PSOE, no acto de peche de campaña.

 

Seco deu as grazas aos seus compañeiros de lista polo “compromiso e o traballo” realizado durante este quince días, nos que levaron “a ilusión dun proxecto que pon no centro ás persoas a cada recuncho do concello”.

 

Non se esqueceu o candidato socialista de recordar que se chegan ao Goberno local, dotarán aos barrios de infraestruturas e espazos de lecer, e poñerán en marcha a rede de ludotecas, becas para aprender idiomas ou a segunda residencia de maiores en Pastoriza.

 

“Poñeremos en marcha a Empresa de Servizos para solucionar dunha vez por todas os problemas coa auga e a recollida do lixo. Ademais, permitirá crear postos de traballo que se cubrirán a través da Bolsa de Emprego municipal, a cal reformularemos para que todos e todas as veciñas poidan acceder aos empregos en igualdade de condicións”, subliñou Seco.

 

“A planificación que non foi capaz de lograr o PP en oito anos, a faremos nós. Tanto en emprego, cunha reforma estrutural que vai desde a formación ata a busca do compromiso dos empresarios, como no urbanismo. Parece mentira que, despois de oito anos de maioría absoluta do PP sigamos sen plan xeral. Iso é que non lles interesa que os veciños e veciñas participen na ordenación do territorio do seu concello”, salientou Seco.

 

O evento celebrouse nun ambiente festivo, onde a candidatura reuniuse cos afiliados e simpatizantes do proxecto socialista no restaurante do Balneario. Ademais das intervencións políticas, o peche de campaña do PSdeG-PSOE contou coa actuación de María Goris.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress