Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 14 veces

A Mesa de contratación clasificou as ofertas presentadas para realizar os traballos de roza e desbroce

Os contratos serán adxudicados na próxima Xunta de Goberno. Co propósito de axilizar as actuacións previstas, a contratación dividiuse en catro lotes diferentes. O Concello investirá 80.000 euros nesta campaña-...

O Concello da Laracha ten previsto adxudicar na próxima Xunta de Goberno Local os contratos do servizo referido aos traballos para a prevención e defensa contra incendios forestais e de roza de vías e parcelas municipais que se realizarán ao longo dos próximos meses. Farase despois de que a Mesa de Contratación clasificase hoxe o total de 14 ofertas presentadas neste procedemento.

 

Destinaranse 80.000 euros procedentes integramente de fondos municipais a esta campaña de desbroce que, co propósito de axilizar o desenvolvemento dos traballos previstos, a súa contratación foi dividida en catro lotes. Os tres primeiros inclúen a totalidade das estradas de titularidade municipal (605 quilómetros de rede viaria que percorren os 311 núcleos de poboación). O cuarto recolle a limpeza das parcelas municipais que non están contempladas no contrato do servizo de mantemento e conservación de zonas verdes e que alcanzan unha superficie de 150.000 metros cadrados.

 

A campaña de desbroce das cunetas das vías e das parcelas de titularidade municipal ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede viaria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress