Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 12 veces

O Concello da Laracha presentará á Xunta a proposta de organización dun novo obradoiro de emprego xuvenil

Así foi acordado na Xunta de Goberno Local celebrada onte. Tería dúas especialidades con dez alumnos traballadores en cada unha delas: coidado de maiores en institucións públicas e carpintería e moble. O orzamento ascende a 300.000 euros...

Na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada onte acordouse solicitar a participación do Concello da Laracha no programa de obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil convocado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).

 

O Concello da Laracha presentou a esta liña de subvencións o proxecto A Laracha co emprego xuvenil, unha proposta de organización dun obradoiro dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos de idade que se atopen en situación de busca activa de emprego. O programa estaría composto por dous itinerarios formativos con dez alumnos traballadores en cada un deles (20 en total), ademais das cinco persoas que formarían o equipo docente e persoal directivo.

 

Unha das especialidades sería a atención sociosanitaria a persoas maiores en institucións públicas, estando prevista a realización das prácticas en centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O outro módulo sería o de carpintería e moble, e neste caso a parte práctica consistiría na realización de actuacións para mellorar o equipamento e o mobiliario de polideportivos municipais, Casa da Cultura e paseo marítimo de Caión.

 

O orzamento total deste proxecto que será presentado á Xunta de Galicia alcanza os 300.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress