Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 18 veces
CAMBRE

O Concello de Cambre renovará o parque infantil leste da Barcala

Os traballos enmárcanse dentro dun plan do goberno local que busca aportar espazos máis amplos e seguros para todos os nenos e nenas, incluíndo xogos para rapaces e rapazas con diversidade funcional…

[Img #48545]O Concello de Cambre adxudicou as obras para a mellora do parque infantil leste da Barcala. Estas tarefas de acondicionamento inclúen a reposición de caucho e mobiliario. Estas obras están cofinanciadas polo Concello de Cambre e a Deputación da Coruña.

 

Os traballos, que comezarán en breves e durarán un mes, forman parte do programa de mellora das áreas recreativas infantís do municipio, que xa ampliaron previamente o parque infantil oeste da Barcala de 330 a 535 metros cadrados, mellorando tamén o pavimento de caucho e os xogos infantís.

 

O goberno local ten como obxectivo seguir acondicionando as áreas infantís de todo o municipio, para que os pequenos e pequenas do concello teñan un lugar axeitado e seguro no que todos poidan xogar.

 

Remataron as reformas no parque infantil da Balastreira

Na Balastreira xa finalizaron as obras que substituíron o antigo chan de cortiza de pino por un de corcho, mellorando a seguridade dos nenos e nenas. Tamén se instalou unha valla e novos xogos, algúns deles pensados para nenos e nenas con diversidade funcional.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress