Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 25 de mayo de 2019 | Leída 67 veces
CAMBRE

O Concello de Cambre entregou onte os premios aos mellores selfies do “Faite un Cambrie”

Os primeiros clasificados levaron cada un, un móbil de última xeración Samsung Galaxy nos seus modelos A7, J6 e J4, e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. Os segundos recibiron tamén este lote de libros e un pau selfie…

[Img #48544]O Concello de Cambre entregou os premios aos gañadores e gañadoras da III edición do concurso de selfies “Faite un Cambrie”. O evento tivo lugar onte, venres 24 de maio, no propio Concello. O certame tiña como obxectivo a posta en valor do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do municipio a través dos selfies das persoas participantes. 

 

  • As gañadoras da categoría "Mellor selfie" foron Inés Maceiras (1º premio) e Sheila Canzobre Martín (2º premio).
  • En “Mellor Selfie Grupal” o usuario de Instagram @lemoncoutureandphoto fíxose co primeiro premio, seguido de cerca por @tizas_decolores, que quedou segunda.
  • Por último, na terceira categoría, “Mellor Selfie Máis Divertido”, os gañadores do primeiro e segundo premio foron Marta García Carregal e Aspy Luison, respectivamente.

 

Os primeiros clasificados levaron cada un, un móbil de última xeración Samsung Galaxy nos seus modelos A7, J6 e J4, e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. Os segundos recibiron tamén este lote de libros e un pau selfie.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress