Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de mayo de 2019 | Leída 38 veces

A Xunta colabora coas universidades para avanzar na candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade

eijóo destacou que o formulario da candidatura é un elemento técnico básico para proseguir o proceso...

[Img #48543]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou onte da aprobación por parte do Consello da Xunta dun convenio coas tres universidades galegas para a elaboración do formulario da candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade, elemento técnico básico para proseguir o proceso.

 

Este formulario supón un paso importante xa que a elaboración das candidaturas está suxeita a distintas avaliacións nacionais e internacionais e para afrontala “o formulario ten que ser sólido, ten que ter distintas avaliacións metódicas feitas por expertos con criterio científico e con rigor”, abundou Feijóo.

 

O convenio coas tres universidades galegas contará cun orzamento de 80.000 euros para a caracterización científico técnica do Parque Nacional. Feijóo destacou que o formulario analizará aspectos como “a diagnose dos compoñentes do ambiente, a biodiversidade e a xeodiversidade, a súa delimitación, a valoración territorial e a análise das normas de xestión que inciden sobre o espazo e a conservación dos bens de patrimonio natural”.

 

O presidente da Xunta lembrou que levamos moito tempo traballando na candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade. “Esta é unha carreira de relevos, é unha tramitación moi longa, moi complexa e, de conseguirse, tería efectos moi positivos para Vigo, Bueu, Ribeira e Vilagarcía, e, por suposto, para toda Galicia”, incidiu.



Feijóo detallou os catro aspectos clave que outorgan a seguridade de que a candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia reúne as condicións necesarias para optar a esa declaración: o seu valor universal excepcional, a súa integridade territorial, os niveis de protección específicos e a existencia dunha unidade de xestión a través do Padroado do Parque Nacional.

 

O Ministerio de Cultura incluíu en 2017 a candidatura na Lista indicativa nacional que se ía remitir á Unesco, lista que foi actualizada e publicada pola entidade en febreiro de 2018. Feijóo explicou que o seguinte paso era que a candidatura permanecese un ano na lista indicativa, polo que transcorrido ese prazo, o Goberno galego retoma a actividade encargando o formulario da candidatura.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress