Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de mayo de 2019 | Leída 25 veces

A Xunta e o Concello cofinanciarán o proxecto para dotar cun novo sistema de seguridade ao parque empresarial

Inclúe a instalación de cámaras de gravación permanente e conexión á central perceptora de alarmas. O orzamento é de 120.000 euros...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de anunciar a concesión dunha axuda económica ao Concello da Laracha para a execución do proxecto de mellora da seguridade no ámbito do parque empresarial.

 

Este proxecto deseñado polo Concello da Laracha consiste na instalación na rede viaria do polígono industrial de sistemas de seguridade con conexión á central perceptora de alarmas e con cámaras de vídeo vixilancia con gravación permanente. A actuación centrarase nesta primeira fase nas zonas que presentan un maior nivel de ocupación e tamén nos puntos de acceso e saída ao parque empresarial.

 

Ditos sistemas de seguridade cumpren estritamente co estipulado na Lei Orgánica 4/1997, de 4 de agosto, pola que se regula a utilización de videocámaras polas forzas e corpos de seguridade do estado.

 

O proxecto ten un orzamento de 120.000 euros e será financiado nun oitenta por cento pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O vinte por cento restante, en torno a 24.000 euros, serán achegados polo Concello da Laracha con fondos propios.

 

A presenza destes sistemas de vixilancia permitirá ofrecer unha maior seguridade tanto ás empresas que desenvolven a súa actividade no polígono -onde xa foi vendido o setenta por cento (unha superficie duns 380.000 metros cadrados) do solo industrial dispoñible- como as infraestruturas municipais existentes: o viveiro de empresas e o edificio que se destinará a centro de emerxencias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress