Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de mayo de 2019 | Leída 199 veces
BNG

O BNG de Arteixo solicita explicacións pola destrución das dunas en Barrañán

Macropaleadoras e e grandes camións destruíron o pasado martes 21 de maio as dunas en primeira liña de costa. Barrañán é un espazo protexido LIC - Costa da Morte...

[Img #48535]O BNG de Arteixo rexistrou o, 22 de maio de 2019, un escrito dirixido a Demarcación de Costas do Estado, Autoridade Portuaria da Coruña, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, ao Ministerio da Transición Ecolóxica e ao Concello de Arteixo para solicitar explicacións ante a destrución de parte das dunas de Barrañán debido ao recheo de area que se está levando a cabo no areal.

 

Este mesmo mes de maio, a Autoridade Portuaria da Coruña adxudicou á empresa construtora un contrato para executar o aporte de area á praia de Barrañán, por máis de 200.000 euros e no marco dun programa ambiental. O pasado martes 21 de maio atopamos as macropaleadoras e grandes camións traballando neste recheo coa evidencia de ter destruído parte das dunas en primeira liña de costa. Ademais, a presenza de cemento branco na area era evidente.

 

Cómpre recordar que a Lei de Costas é moi restritiva coa presenza de maquinaria pesada nunha contorna protexida. A praia de Barrañán forma parte da Rede Natura 2000 e do Lugar de Interese Comunitario Costa da Morte (LIC).

 

Por todo isto, emitimos un escrito ás autoridades competentes para se nos comuniquen as autorizacións e informes cos que conta a obra así como se nos facilite, se existe, un estudo sobre a afectación da obra do porto exterior de Punta Langosteira  na costa e medidas correctoras. Tamén esiximos que se adopten as medidas necesarias para evitar este tipo de actuación nun sistema dunar protexido e, actualmente, en época de cría de aves.

 

Políticas ambientais

O goberno do PP de Arteixo, liderado por Carlos Calvelo, non está levando ningún tipo de política ambiental para diminuír o impacto ambiental ou protexer a contorna natural do municipio.

 

Desde o BNG de Arteixo temos propostas para a protección do medio ambiente. Sabemos que a costa de Arteixo está sufrindo un desgaste importante pola construción do porto exterior e hai que tomar medidas. A conservación e protección da praia de Barrañán debe ser unha prioridade. Así, a primeira medida do noso programa para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio é a realización dun estudo para a recuperación e rexeneración da costa e dos nosos sistemas dunares.

 

Tamén en Barrañán, queremos recuperar e rexenerar a canteira de Barrañán para dedicar o espazo a infraestruturas culturais e deportivas.

 

Outras medidas son a posta en valor e protección das zonas húmidas do Concello de Arteixo (encoro de Sabón, Fervenza do Moucho, Humidal de Barrañán - Sisalde ou encoro de Meicende) así como a elaboración dun mapa de contaminación do municipio que nos permita deseñar as medidas oportunas para mellora a calidade de vida das persoas.

 

Nestes días tense adxudicado un contrato por parte da Autoridade Portuaria da Coruña un contrato para o aporte de area na praia de Barrañán. Nestes días comezaron as obras para ese aporte na zona da praia máis próxima a Combouzas mais lonxe de ser un simple aporte de áridos o que están facendo é destruír o sistema dunar con macropaleadoras e e grandes camións nunha época do ano especialmente sensíbel pola cría dalgunhas especies e tamén pola afectación a flora dese espazo dunar.

 

A praia de Barrañán forma parte e o seu sistema dunar están dentro da Rede Natura 2000 e no Lugar de Interese comunitario Costa da Morte ( LIC) polo que a súa conservación debe ser unha prioridade. Sabemos que a praia, e o resto da zona costeira de Arteixo, está sofrendo un desgaste importante pola construción do Porto Exterior mais consideramos que este tipo de actuación ( o cheiro a cemento dunha parte da área era onte evidente e tamén a presenza de resíduos con restos de cemento branco na area que se estaba acumulando na contorna tal e como se comproba nas fotos) é moi agresivo descoñecemos por outro lado se hai algún tipo de estudio sobre os efectos que están tendo a obra, onde foi aprobado, cales son as medidas e onde se pode consultar.

 

Onte era unha evidencia que destruíran parte das dunas en primeira liña de costa e a lei de costas do tamén é moi restrictiva coa presenza de maquinaria pesada nunha contorna protexida e tan vulnerábel.

 

Por todo isto

1. Que se teña por presentado este escrito.

 

2. Que se me informe de todas as autorizacións e informes,segundo a lexislación vixente, cos que conta a obra que se está realizando.

 

3. Que se nos facilite copia, se existe, do estudio sobre a afectación da obra do porto exterior de Punta Lagosteira na costa e as medidas correctoras así como o órgano de aprobación do mesmo.

 

4. Que se adopten as medidas necesarias para evitar este tipo de actuación neste sistema dunar protexido e en época de cría de aves e na afectación á flora.

 

[Img #48536]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress