Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 24 de mayo de 2019 | Leída 18 veces
CAMBRE

A transformación do núcleo urbán do Temple veu da man de UxC

Impulsar unha asociación de comerciantes e empresarios, continuar coa rexeneración urbana do Temple e desenvolver o Plan Especial da N-VI son os obxectivos principais que se marcha Unión por Cambre para O Temple...

[Img #48532]

 

Unión por Cambre (UxC) entende que a parroquia do Temple ten que ser o epicentro da actividade terciaria e comercial para dar servizo a case 20.000 habitantes. Para iso, é necesario potenciar o comercio local e apostar por un Temple con calidade de vida.

 

Para iso, UxC aposta polo desenvolvemento do Plan Especial da N-VI que fará posible a creación dunha zona verde de 4.000 m2, 1.200 m2 de aparcadoiros públicos e unha zona terciaria que dará máis dinamismo ao Temple e creará postos de traballo. Unha zona terciaria, donde se poderán ubicar concesionarios, moblerías ou mesmo hoteis, dando continuidade ao núcleo comercial de Perillo.

 

Un plan que, ademais, permitirá executar a I Fase de recuperación das Casas Bailly, cos 600.000 euros que o concello percibirá en edificabilidade, dando un paso adiante para que ese elemento patrimonial municipal non acabe desaparecendo. Pero este plan especial, que está a espera do visto bo definitivo da Xunta, tamén traerá máis ingresos ao concello a través do ICIO e o IBI, o que repercutirá en melloras para todos os cambreses e cambresas.

 

Converter o parque Ramón Barba nun espacio de ocio e lecer de referencia, continuar coa rexeneración urbana do Temple para gañar en espazo público para a veciñanza e mellora a accesibilidade desta parroquia, crear unha asociación do comercio para impulsar o comercio local, rematar  o proceso de desenvolvemento da actuación do Portofaro e avanzar na de Casa Leonardo (donde se acadarán, por certo,     e continuar esixindo á Xunta de Galicia melloras para o Centro de Saúde, son outras das accións de goberno que Unión por Cambre vai poñer en marcha na vindeira lexislatura no Temple.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress