Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 19 veces

Galicia mobilizará máis de 5M€ para mellorar os parques empresariais de 51 concellos, dos que 32 son Emprendedores

Esta resolución da Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponde á orde de axudas para impulsar as infraestruturas dos polígonos, cun total de 57 iniciativas programadas para este ano. A maior parte das obras terán como obxectivo a mellora viaria dos parques empresariais. Os proxectos apostan por fortalecer o tecido empresarial e mellorar as infraestruturas da Comunidade impulsando a súa competitividade...

[Img #48531]

 

A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

 

Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga , xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos -dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais-.

 

Entre as iniciativas que se van realizar, destacan a mellora do saneamento do parque empresarial da Gudiña (Ourense); a reparación de viais no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense); ou a mellora de infraestruturas viarias no polígono Augalevada de Noia (A Coruña). Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 21 pertencen á Coruña (1,52M€ en axudas), 15 a Ourense (1,1M€), 11 a Lugo (máis de 0,8M€) e 10 a Pontevedra (máis de 0,6M€).

 

A resolución súmase á dos viveiros industriais, que nesta edición concedeu 1,5M€ para sete proxectos de construción, reforma ou equipamento de naves industriais destinadas a viveiros industriais de empresas nos que se investirán un total de 2,36M€ e que poderán albergar a 29 compañías e xerar 40 empregos.

 

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress