Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 19 veces

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín

As actuacións, cun orzamento duns 156.000 euros, teñen como obxectivo completar as redes de saneamento e abastecemento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo. Executarase unha rede de colectores, diferenciados en 4 tramos que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes da estrada provincial e outro grupo pequeno de inmobles para conducilas á estación depuradora de Groba...

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín, en Arteixo, por un investimento de case 156.000 euros.

 

As actuacións completarán as redes de servizos de abastecemento e saneamento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, pertencentes á parroquia de Larín.

 

Executarase unha rede de colectores, diferenciados en catro tramos que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes da estrada provincial DP-0507 e outro grupo pequeno de inmobles, para conducilas á estación depuradora de augas residuais de Groba.

 

A Xunta, con estas actuacións, dálle resposta ás necesidades en infraestruturas hidráulicas desta parroquia, que está a rexistrar unha crecente actividade turística, polo que é precisa a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o saneamento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress