Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 63 veces
PSOG-PSOE

Os socialistas propoñen dotar a Meicende da segunda comisaría de Policía do concello

O PSdeG-PSOE aposta por unha reorganización do corpo para poñer en marcha unha Brigada Verde e a Policía de Barrio...

[Img #48528]Martín Seco, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, explica que o seu proxecto para o municipio en materia de seguridade inclúe a reorganización do corpo da Policía Local, para optimizar os seus recursos. Unha das medidas que os socialistas propoñen é a dotación dunha comisaría en Meicende, a segunda do municipio.

 

“Temos que intensificar a presencia dos nosos axentes nas zonas urbanas, para dar unha resposta rápida aos veciños e veciñas. Ademais, unha comisaría en Meicende tería un efecto disuasorio, e polo tanto, de prevención de actos delituoso”, explica Seco.

 

Os socialistas especifican no seu programa electoral a posta en marcha da Policía de Barrio, para estar máis preto da veciñanza e coñecer de primeira man a problemática de cada zona e dar o mellor servizo posible.

 

O programa do PSdeG-PSOE para Arteixo conta con varias medidas orientadas ao medio ambiente, para mellorar a calidade de vida dos veciños. Nesta liña, os socialistas propoñen a posta en marcha dunha Brigada Verde, dentro da Policía Local. “O noso municipio sofre con frecuencia vertidos e hai vertedoiros incontrolados por todas partes. Queremos darlle unha solución e a Brigada Verde encargarase de vixiar que non se produza e buscar a orixe para que non se repita”, indica Seco.

 

Todas estas medidas, apuntan, complementaranse coa exixencia de máis efectivos da Garda Civil e da Policía Nacional. “Ampliaremos os efectivos humanos do 092 todo o que a lei nos permita” para garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress