Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 42 veces

O alcalde reuniuse co conselleiro de industria para interesarse polo futuro da industria electrointensiva

Francisco Conde e José Manuel López Varela consideran necesario que o Goberno central aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos. Tamén ven fundamental garantir un prezo eléctrico competitivo para o mantemento da actividade industria en Galicia en xeral e na larachesa planta de Celsa Atlantic en particular. Ambos responsables públicos seguirán mantendo un contacto permanente para velar pola defensa da actividade industrial e do emprego...

[Img #48527]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recibiu onte ao alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, nunha xuntanza na que falou sobre o futuro da industria electrointensiva que, no caso da Laracha, afecta especificamente á actividade na siderurxia Celsa Atlantic.

 

Tanto o conselleiro como o alcalde coincidiron en que é preciso que o Goberno central aprobe o Estatuto dos consumidores electrointenstivos, a folla de ruta que ten que servir para aportar un marco enerxético estable.

 

Sen este estatuto non existe unha solución de futuro para a industria electrointensiva galega en xeral e para Celsa Atlantic en particular; un futuro no que Conde e López Varela aseguraron que pasa por garantir un prezo eléctrico competitivo para o mantemento da actividade industrial e do emprego na factoría larachesa.

 

Durante a reunión, avaliáronse as iniciativas levadas a cabo desde Galicia para colaborar co Estado na busca dunha solución. Neste sentido, a Xunta ten presentado unha serie de alegacións ao borrador do estatuto para que se fixe a categorización dos diferentes consumidores, se teñan en conta as garantías necesarias para aplicar a compensación por emisión de CO2, e se introduzan medidas como a redución das peaxes de acceso na parte relativa ao custo do transporte, ou a exención de pagos por interrompibilidade e por capacidade. Todas estas accións deben ter carácter retroactivo, é dicir, que se poidan aplicar desde o pasado 1 de xaneiro.

 

Ambos responsables públicos tamén coincidiron en que a preocupación dos traballadores da siderurxia afincada na Laracha é a mesma que a teñen as dúas administracións. A inestabilidade actual afecta non só a Celsa Atlantic, senón tamén ao resto da industria electrointensiva galega e aos 5.000 postos de traballo que están vinculados á mesma.

 

O alcalde e o conselleiro acordaron seguir mantendo un contacto permanente como ata agora, exercendo unha unidade de acción que permita velar pola defensa do emprego en Celsa Atlantic e, ao mesmo tempo, instar ao Goberno central a que adopte as medidas necesarias para xerar a estabilidade que precisa esta industria e, polo tanto, garantir o seu futuro e o dos postos de traballo asociados.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress