Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 16 veces
LAXE

Esta fin de semana dará comezo o XII Festival ‘Teatrapa’

Tamén terá lugar o VII Roteiro Teatral e Musical do Concello de Laxe. Nas citas culturais daranse citas máis de 200 actores e actrices de 5 aulas de teatro de diferentes puntos de Galicia, entre as que se atopa a do municipio laxense...

[Img #48526]A última fin de semana de maio estará marcada pola celebración do XII Festival ‘Teatrapa’, un festival de teatro escolar que alcanza este ano a décimo segunda edición. Tamén terá lugar a sétima edición do roteiro teatral e musical do Concello de Laxe.

 

Ambas actividades están organizadas polo departamento de Cultura do Concello laxense, en colaboración coas Asociacións Municipais Folerpas Teatro, Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal, Escola Municipal de Música, Grupo de Gaitas Maruxía e Pandereteiras Andora.

 

Participarán nesta xornada cultural máis de 200 actores e actrices de cinco escolas chegados desde distintos puntos da xeografía galega: Laxe, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Touro e A Estrada.

 

Ás 12:00 horas do sábado, no Salón de Actos Municipal de Laxe, a Escola Municipal de Teatro de Laxe, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíña Teatro” e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas porán en escena o espectáculo ‘Vogando nos contos’.

 

Ás 17:00 horas terá lugar o roteiro teatral e musical polas rúas do Concello de Laxe, protagonizado polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro de Laxe, en compañía da veciñanza. O obxectivo que persigue este roteiro é o de achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, o achegamento do alumnado ao mundo rral e á cultura tradicional e a posta en valor do patrimonio cultural, patrimonial e natural do municipio laxense.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress