Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 25 veces
BNG

O BNG poñerá fin á falta de planificación do goberno de Arteixo

A falta de planificación do actual goberno do PP, liderado por Carlos Calvelo, fai necesario abordar de forma urxente a planificación de Arteixo en todas as áreas. Por iso, o programa electoral do BNG de Arteixo inclúe o apartado "Un Arteixo planificado"...

A planificación é unha das claves do programa do BNG de Arteixo e persegue dar solución aos temas pendentes de resolver do municipio durante a xestión do PP así como unha mellor xestión dos recursos económicos do Concello.

 

Desde o BNG de Arteixo comprometémonos a aprobar un plan xeral de urbanismo e deseñar políticas de mobilidade para adaptarnos a un municipio que continúa medrando en habitantes e segue rexéndose por plans de cando Arteixo tiña 20.000 habitantes.

 

Estas son as medidas do apartado  "Un Arteixo planificado":

 

  • Plano de goberno 2019-2023: Para dar compromiso ao programa electoral presentaremos un plano de goberno que será consensuado, redixido e aprobado nos primeiros 100 días de mandato. Neste plano definiranse os obxectivos para os vindeiros catro anos e as prioridades de actuación do goberno local. O plano de goberno recollerá as áreas de actuación ou eixos, uns obxectivos e as liñas de actuación e os proxectos estratéxicos. Acordarase tamén, para facer seguimento do acordado, unha convocatoria anual aberta á todas as veciñas e veciños para dar conta de cada unha das liñas decididas. Trimestralmente irase informando na web, prensa e redes sociais das xestións, trámites e obxectivos conseguidos de cada área de actuación.
  • Aprobaremos unha Relación de Postos de Traballo adaptada nas funcións á realidade presente e futura das necesidades municipais, proporcionando estabilidade ao persoal e promovendo negociación dun novo convenio para o persoal laboral.
  • Revisaremos as ordenanzas fiscais que recollerán bonificacións para autónomos e autónomas e para a posta en andamento de novos pequenos negocios. Do mesmo modo, tamén se fará unha revisión da ordenanza do lixo e de abastecemento e saneamento coa finalidade de acabar coa discriminación que sofren so pequenos negocios do concello. Teranse tamén en conta as familias con menores e maiores dependentes ao seu cargo.
  • Aplicaremos en todas as ordenanzas fiscais criterios de xustiza social e equidade.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress