Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 26 veces
PSOG-PSOE

A candidata socialista na Laracha, Paloma Rodríguez, contestará hoxe todas as preguntas dos seus veciños en ‘teño unha pregunta para paloma’

Cun formato pioneiro na comarca, Rodríguez falará cara a cara coa veciñanza…

[Img #48523]A candidata socialista na Laracha, Paloma Rodríguez, contestará hoxe todas as preguntas dos seus veciños e veciñas en ‘Teño unha pregunta para Paloma’.

 

Será en concreto ás 20:00 horas no Ambigú Bar onde Paloma Rodríguez, cun formato pioneiro na comarca, falará cara a cara coa veciñanza.

 

En 'Teño unha pregunta para Paloma', a candidata á alcaldía explicará o seu proxecto e dará resposta a todas as dúbidas. Rodríguez considera que “hai unha maioría progresista e de esquerdas que quere un cambio na vida municipal”.

 

“A Laracha precisa dun novo rumbo, o tempo de Jose Manuel López Varela e do Partido Popular chegou ao seu fin; temos que implantar no concello a axenda social do PSOE, gobernando para as persoas”, afirma.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress