Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de mayo de 2019 | Leída 12 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña destina máis de trescentos mil euros a entidades con programas sociosanitarios

Un total de 34 asociacións reciben apoio para o desenvolvemento de actividades no ámbito do benestar social…

[Img #48522]Programas para estimulación de persoas con demencias, de prevención de dependencias, de atención psicolóxica, de orientación laboral e social, asesoramento a doentes de distintas enfermidades, terapias ou programas de prevención son algunhas das actividades que a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, que dirixe Ánxela Franco, apoia a través dunha liña de axudas para entidades que desenvolven programas sociosanitarios.

 

A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña apoia cun total de 307.679 € os proxectos de asociacións e entidades do tecido sociosanitario dos concellos da Coruña.

 

En total son 34 as entidades beneficiarias desta liña de axudas en concorrencia competitiva para organizar xornadas, obradoiros, servizos de atención e asesoramento, e demais actividades programadas polas distintas asociacións entre as que se atopan entidades creadas arredor de enfermidades como a bulimia, o párkinson, o alzheimer, dano cerebral, esclerose lateral ou das coñecidas como doenzas raras.

 

A deputada e responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco, quixo destacar "o papel fundamental que están a desenvolver estas entidades que traballan para contribuír a apoiar a persoas que padecen enfermidades e a mellorar a súa calidade de vida, como tamén ás persoas que están no seu entorno".

 

Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao desenvolvemento de programas e actividades arredor de trastornos alimentarios, esclerose, diabetes, autismo, TDAH, epilepsia, alzheimer ou cancro tamén para o tratamento e prevención de dependencias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress