Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de mayo de 2019 | Leída 15 veces

Os VTC autorizados en Galicia deberán identificarse co distintivo obrigatorio a partir de hoxe

Estes vehículos portarán un autoadhesivo na parte traseira e na dianteira, onde figuran o mes e ano nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante. Esta regulación ten como obxectivo velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC...

[Img #48517]Os vehículos de alugueiro con condutor (VTC) autorizados en Galicia deberán identificarse co distintivo obrigatorio a partir de mañá.

 

Esta medida, que entra en vigor hoxe, está enmarcada na Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, co fin de garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos vehículos VTC, a través da diferenciación entre ambas categorías.

 

A regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.

 

Os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

 

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, a visibilidade do condutor.

 

Estas identificacións emítense xunto co outorgamento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pagamento da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da Sede Electrónica da Xunta ou da aplicación “SitranGestión”.

 

[Img #48518]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress