Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de mayo de 2019 | Leída 12 veces
CAMBRE

A Xunta non da solución aos problemas de seguridade viaria que padece a parroquia de Pravio

En abril de 2019, mediante un escrito o alcalde, Óscar García Patiño, reiteraba á Xunta a necesidade de mellora do firme na AC-214 e AC-211…

Cambre segue esperando unha resposta da Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta, sobre as medidas que vai tomar para solventar o mal estado do firme da AC-214 e da AC-211. Ambas estradas de titularidade autonómica presentan un firme en mal estado con puntos nos que o pavimento está levantado e outros no que está afundido.

 

O 4 de xuño de 2018, o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño (UxC), enviaba un escrito á Axencia para comunicar esta situación e solicitar unha solución ao tempo que solicitaba unha mellora da seguridade viaria no cruce do cruceiro de Pravio.

 

Ante a ausencia de resposta por parte da Xunta de Galicia, o pasado 11 de abril de 2019 envíase un novo escrito reiterando esas peticións que son de tanta importancia para peóns e conductores que usan habitualmente estas estradas para moverse.

 

Dende Unión por Cambre non entende este pasotismo da Xunta que, en vez de afrontar os problemas, da sempre a calada por resposta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress