Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 21 de mayo de 2019 | Leída 12 veces
CAMBRE

UxC aboga pola creación dun centro de día, achegar os Servizos Sociais ás parroquias e un programas de acompañamento para as persoas que viven soas

Previr, actuar e dar solución aos problemas son os obxectivos dos Servizos Sociais que quere poñer en marcha Unión por Cambre…

Unión por Cambre (UxC) quere darlle unha volta aos Servizos Sociais de Cambre. Convencidos que os principais obxectivos deste departamento son previr, actuar e dar solucións, dende a candidatura de Unión por Cambre apostan por achegar os Servizos Sociais á veciñanza.

 

Moitas veces, os veciñas e veciñas non acuden a Servizos Sociais porque pensan que o seu problema é un problema persoal que a administración non ten que solucionar. Dende UxC entenden que o fundamental é coñecer as problemáticas sociais que poida haber no concello nun momento inicial para darlles solución e non permitir que vaian a máis. Por iso, UxC aboga por sacar os Servizos Sociais á rúa e achegalos ás parroquias para coñecer de primeira man a realidade social do concello. Só así, se poderán previr situacións complicadas e actuar dende un primeiro momento sen ter que esperar a que a situación se complique moito máis.

 

Un problema que preocupa na sociedade actual é a soidade. Por iso, en UxC, van elaborar o primerio censo de persoas que viven soas para poder ofrecerlles compañía e os servizos que poidan precisar. Para iso, poñerase en marcha un programa de acompañamento e actividades interxeracionais que poñan en contacto aos máis maiores cos máis novos do concello. Está demostrado que estas actividades interxeracionais reportan importantes beneficios para os nenos e nenas e tamén para a xente maior.

 

Esixir á Xunta a construción dun centro de día, manter as cláusulas sociais nos contratos públicos co fin de promocionar a inclusión no mercado laboral e achegar os Servizos Sociais ás parroquias, son outras das medidas que impulsará un goberno de UxC en materia de Servizos Sociais. Con ese acercamento ás parroquias deste departamento, UxC quere facilitarlles aos veciños máis maiores que viven lonxe das oficinas da Barcala e ás persoas con dificultades de mobilidade, facer os trámites que precisen.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress