Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 21 de mayo de 2019 | Leída 17 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña organiza a xornada "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural" dentro do programa "A Cultura é un Dereito"

O programa desenvolverase o vindeiro 29 de maio no Pazo de Mariñán no festival "Elas son artistas"...

[Img #48506]

 

O vindeiro mércores 29 de maio, o Pazo de Mariñán abrirase para acoller a xornada profesional "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña que se insire no programa de formación e debate "A Cultura é un dereito". A xornada forma parte do festival "Elas son artistas" que chega este ano a súa segunda edición.

 

O prazo de inscrición para participar na xornada "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural" está aberto para quen desexe participar nunha xornada que se desenvolverá no Pazo de Mariñán desde as 10 horas artillado en  grupos de traballo con distintas dinámicas para avanzar nos resultados da anterior edición.

 

A xornada insírese dentro do programa de formación e difusión "A Cultura é un dereito" da área de Cultura da Deputación da Coruña na que participan fundamentalmente persoas que traballan no sector cultural.  Para se inscribir na xornada, de carácter gratuíto, é necesario enviar un correo electrónico a elassonartistas@gmail.com

 

Con respecto á necesidade de avanzar en igualdade na cultura, dentro do programa "A Cultura é un dereito", a área de Cultura da Deputación da Coruña organizou xornadas con anterioridade como "Mulleres e Música" o pasado ano ou "Mulleres e innovación nas artes intermedia" no pasado mes de abril.  "Son tres xornadas que teñen como obxectivo contribuír a dar pasos adiante na igualdade no ámbito cultural, e, neste sentido, avaliouse a situación no sector musical, na xestión ou nas novas artes con interesantes programas de encontro entre profesionais e persoas que participan no día a día da cultura", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

 

As persoas participantes na xornada do vindeiro 29 de maio poderán utilizar o autobús para se achegaren ao Pazo de Mariñán, con saída ás 9:30 do Pavillón de Deportes de Riazor. A xornada celébrase dentro do programa "Elas son artistas" que botou a andar o pasado ano como un dos gañadores do Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress