Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 21 de mayo de 2019 | Leída 21 veces
A LARACHA

Os Bolechas presentaron o libro “igualiñas, igualiños na Laracha”

Os nenos asistentes recibiron un exemplar e puideron interactuar con eles no pasarrúas e actividades ao aire libre. A publicación é unha ferramenta útil para a comunidade educativa e para os pais e nais dos nenos. Colaborou co Concello da Laracha a Secretaría de Estado de Igualdad...

[Img #48505]

 

A actividade máis novidosa do programa municipal para festexar as Letras Galegas desenvolveuse na tarde de onte domingo e tivo por protagonistas a Os Bolechas.

 

O Concello da Laracha  editou o libro Os Bolechas, igualiñas, igualiños na Laracha que as propias personaxes infantís presentaron na Casa da Cultura da Laracha e agasallaron cun exemplar a todos os nenos asistentes.

 

No libro pódense ver a Os Bolechas en diferentes lugares do termo municipal da Laracha como a Praza do Concello, o paseo marítimo e o porto de Caión, a área recreativa de Gabenlle, o paseo fluvial do río Anllóns e o centro de interpretación dos muíños de auga da Costa da Morte en Golmar. A publicación, que está dispoñible nas bibliotecas, centros educativos e no centro de información ás mulleres (CIM), é unha ferramenta útil tanto para a comunidade educativa como para as nais e pais ao tratar sentimentos como a emoción, a resolución de conflitos, relacións entre iguais e tolerancia.

 

Trala presentación do libro, realizáronse pasarrúas e actividades ao aire libre, na explanada fronte á biblioteca da Laracha e na praza O Recreo, onde os nenos tiveron ocasión de interactuar con Os Bolechas.

 

Esta iniciativa desenvolveuse coa colaboración da Secretaría de Estado de Igualdad en el marco del Pacto de Estado contra la violencia de género.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress