Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 19 de mayo de 2019 | Leída 32 veces
BNG

O BNG de Arteixo reformulará o modelo de xestión do lixo pensando nas persoas e no medio

O BNG de Arteixo vén denunciando ao longo destes anos o estado de abandono dos espazos naturais do municipio así como a mala xestión do lixo do goberno do PP, liderado por Carlos Calvelo...

Unha das ideas claras incluídas no programa electoral do BNG de Arteixo é o respecto ao medio natural para que os arteixáns e arteixás poidan vivir e gozar dos seus espazos naturais durante todo o ano. O BNG rexenerará sistemas naturais e adecuará sendas fluviais nas parroquias.

 

As parroquias e o rural son precisamente os máis esquecidos polo actual goberno. O BNG poñerá fin a este esquecemento, estendendo a elas o sistema de reciclaxe.

 

O BNG reformulará o sistema de recollida de residuos, instalando composteiros comunitarios e promovendo campañas de sensibilización. O obxectivo é reducir a cantidade de residuos xerados e, consecuentemente, o recibo a pagar pola veciñanza.

 

Estas son as medidas de medio ambiente recollidas no programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio.

 

Protección do ambiente

  • Desenvolverase un estudo para a recuperación e rexeneración da costa e dos nosos sistemas dunares.
  • Farase unha posta en valor acompañada dunha potenciación, protección e promoción das zonas húmidas do concello e dos regatos fluviais (encoro de Sabón, Fervenza no Moucho, Humidal de Barrañán-Sisalde, encoro de Meicende...).
  • Elaborarase un mapa de contaminación do Concello e medidas de actuación para os vindeiros 8 anos (ruídos, especies invasoras…).
  • Apostaremos na recuperación e rexeneración da canteira de Barrañán. O espazo poderá dedicarse a infraestruturas culturais e deportivas.
  • Pontenciaremos edificios e instalacións municipais sostíbeis.

 

Xestión do lixo

  • Acometerase unha reformulación de modelo no sistema de recollida e tratamento do lixo e residuos.
  • Estenderase o sistema de reciclaxe ao rural e fecharase o ciclo tamén cos espazos públicos.
  • Traballarase nunha xestión de residuos especiais (grandes produtores, plástico, industriais etc.).
  • Colocaranse composteiros comunitarios tanto nos espazos rurais como urbanos que permitan unha redución do lixo, o que facilitará un aforro na factura, producir fertilizantes sen compoñentes químicos, mellorar a saúde da terra e aprimorar o sistema de reciclaxe.
  • Crearase unha rede de mestres composteiros e composteiras que ensinarán e vixiarán que se faga correctamente.
  • Promoveranse programas participativos de educación ambiental e sensibilización social.

 

Axudas e aforro enerxético

Crearanse liñas de axudas para medidas de aforro enerxético e instalaranse placas solares en edificios e casas de vivenda habitual. Aplicarase unha bonificación de 50% nos impostos municipais para pequenas empresas e autónom@s.

 

Haberá puntos de recarga para vehículos eléctricos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress