Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 20 veces

A Xunta limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas aos xa existentes ou con solicitude en tramitación

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou onte na Comisión de Xogo de Galicia que o Consello da Xunta aprobará mañá este acordo. O obxectivo é pechar o mercado antes da aprobación da nova Lei do Xogo, que manterá esta limitación...

[Img #48485]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou onte que a Administración autonómica limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas aos xa existentes ou con solicitude en tramitación. Deste xeito, quedarían como máximo 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas.

 

O obxectivo desta medida, que anunciou hoxe na Comisión do Xogo de Galicia e que é froito dun intenso diálogo, é pechar o mercado ante a próxima publicación da nova Lei na materia e evitar así que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e poñer en marcha novas instalacións.

 

A nova Lei do Xogo, cuxo borrador se coñecerá nas próximas semanas, manterá a limitación do número de salóns de xogo e tendas de apostas, entre o resto de medidas que buscarán conciliar a prestación da actividade coa máxima garantía de protección das persoas, especialmente dos menores e colectivos máis vulnerables.

 

A Xunta leva meses traballando neste novo texto lexislativo que permitirá actualizar a anterior Lei, que ten xa máis de 30 anos, e adaptala aos tempos actuais e novos modelos de xogo.

 

Actualmente xa está elaborado un borrador, para o que se recolleron suxestións de toda a cidadanía e mantiveron conversas e reunións con todos os sectores implicados. A previsión é publicar en exposición pública este novo texto ao longo do mes de xuño, para logo ser aprobado polo Consello e remitido ao Parlamento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress