Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 59 veces

Román Rodríguez subliña a incorporación da ruta polos camiños de Santiago aos Trens Turísticos de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo detallou as novidades da programación desta edición que inclúe o incremento no número de saídas de rutas ata as 57. O novo itinerario permitirá descubrir parte do Patrimonio Mundial de Galicia a través de diferentes tramos do Camiño Francés, Norte, Primitivo e Inglés. En total este exitoso produto turístico contará con ata 12 itinerarios temáticos diferentes que suman máis de 16.000 km de percorridos polas catro provincias...

[Img #48484]

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou onte a programación da sétima edición dos Trens Turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos que, na antesala do Xacobeo 21, incorpora unha nova ruta polos Camiños de Santiago para descubrir gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Francés, Norte, Primitivo e Inglés. No acto, no que o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén participaron o xerente de Trens Turísticos de Renfe, Escolástico González, e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández.

 

O novo itinerario que botará a andar por vez primeira nesta edición achegará aos viaxeiros á realidade viva das peregrinacións xacobeas. Saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de San Xulián de Samos (Camiño Francés). Percorrerá así catro dos dez itinerarios xacobeos en Galicia e, como explicou Román Rodríguez, reforzará a Ruta dos Mosteiros, iniciada a temporada pasada.

 

A nova edición dos Trens Turísticos de Galicia manterá presentes as xa coñecidas Ruta dos Faros, Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, Ruta da Lamprea, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícola: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra –en ámbolos dous ríos, Sil e Miño–, Ribeiro e Valdeorras, así como a Ruta dos Mosteiros que, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición.

 

De xuño a outubro

En total, os viaxeiros poderán desfrutar nesta edición de ata 12 itinerarios temáticos diferentes, que farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro e que suman máis de 16.000 km de percorridos polas catro provincias. “Trátase dunha oferta moi diversa coa que queremos seguir consolidando o noso modelo turístico e avanzando na mellora da calidade e dos nosos recursos”, destacou o titular de Cultura e Turismo.

 

Os Trens Turísticos de Galicia comezarán a funcionar o vindeiro 1 de xuño e rematarán o 26 de outubro. As rutas inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 45 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 ou máis adultos) e 20 euros para os nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e, como novidade, tamén se habilitou este ano un punto físico de venta de billetes na oficina de Renfe instalada en San Martiño Pinario. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress