Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 22 veces
PSOG-PSOE

O PSdeG-PSOE comprométese a poñer un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas en unha rede de camiños seguros para escolares

“Negociaremos con A Coruña unha posible unificación do servizo de transporte público e completaremos a rede de bus interparroquial”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo...

O plan de mobilidade que os socialistas teñen para Arteixo abarca áreas como o transporte público,  accesibilidade e  a seguridade peonil. O programa socialista inclúe a posta en marcha dun programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e a eliminación do estacionamento de camións nas zonas urbanas, buscando aparcadoiros alternativos. Apuntan que a veciñanza de núcleos como Meicende levan anos pedindo esta medida que permita  mellorar a seguridade dos peóns. Nesta liña, crearán máis sendas peonís nas parroquias e apostan pola posta en marcha de camiños seguros para os escolares e o servizo de pedibús.

 

“É necesario fomentar o transporte público para ter municipios máis sostibles e para que haxa máis usuarios temos que ter un transporte que cubra as necesidades da cidadanía”, expón Seco. Para elo, o PSdeG-PSOE quere negociar “unha posible unificación do servizo de transporte público” coa Coruña, ademais de rematar a rede de transporte interparroquial.

 

Comprométense a aprobar unha ordenanza de terrazas que regule a ocupación do espazo público. “Queremos que unha persoa en cadeira de rodas ou cun carriño de bebé podan pasar sen dificultade, ao tempo que negociaremos cos hostaleiros para non prexudicalos. Hai que evitar os conflitos e que todos se rexan polas mesmas normas, algo que o PP ten sido incapaz de facer en oito anos de maioría absoluta”, apunta Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress