Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 30 veces
BNG

O BNG creará un Centro de Desenvolvemento e Formación e un polígono agrario en Arteixo

O BNG de Arteixo promoverá un Arteixo para traballar con medidas de emprego e promoción económica, centradas sobre todo en persoas en risco de exclusión social, así como propostas para a dinamización do rural, do sector agrario e do turismo...

Para formar a persoas en risco de exclusión social, mocidade, adultos en situación de desemprego ou outras persoas que precisen de formación complementaria, o BNG de Arteixo poñerá en marcha o Centro de Desenvolvemento e Formación. Trátase dun ambicioso proxecto para reducir os índices de desemprego e tamén contribuír á formación en xeral. Por exemplo, impartiranse cursos para o comercio local ou persoas autónomas, co fin de mellorar os seus negocios.

 

O pasado mes de marzo, o BNG de Arteixo escoitou as necesidades do sector da horticultura da comarca e, ademais de seguir traballando pola innovación e desenvolvemento industrial, o BNG aposta por converter Arteixo en potencia hortícola, coa creación dun polígono agrario e a promoción dos produtos da horta.

 

Outras medidas recollidas no apartado "Un Arteixo para traballar" do programa electoral do BNG de Arteixo para as municipais do vindeiro 26 de maio son as seguintes.

 

Emprego e actividade económica

  • Poremos en marcha un Centro de Desenvolvemento e Formación e faremos que se reconverta o agora Centro de Formación Ocupacional. Haberá un equipo técnico en desenvolvemento local que se verá incrementado con persoal especializado en igualdade e diversidade funcional.
  • Crearemos un viveiro de empresas no Polígono de Sabón e Morás. O obxectivo é favorecermos as novas iniciativas empresarias con locais a baixo custo e asesoramento.
  • Construiremos unha rede de empresas comprometidas coa inserción laboral daqueles colectivos máis vulnerábeis e desprotexidos. Esta rede traballará mediante convenios a prol da igualdade de oportunidades.
  • Elaboraremos un plano de emprego cun programa de seguimento da populación desempregada e con especial atención aos colectivos máis afectados (mocidade, mulleres, paradas e parados de longa duración etc.).
  • Crearemos un centro de modernización e inclusión tecnolóxica (CeMIT).

 

Rural e sector agrario

  • Xeraremos un Polígono Agrario que permitiría pór a producir terreo que hoxe está abandonado e facilitar que as persoas que se dedican a este sector poidan dispor de facilidades para desenvolveren os seus proxectos e actividades.
  • Elaboraremos unha marca de calidade dos nosos produtos da horta arteixá.
  • Crearemos unha feira trimestral de artesanía e horta de produtos locais nos sábados durante todo o día que vaia acompañada dunha programación cultural. Nesta liña haberá unha feira anual con ampla difusión.

 

Turismo

  • Potenciaremos o atractivo do noso concello canto a Patrimonio, Cultura e Ambiente con roteiros que poñan en valor a nosa riqueza, mais sempre velando por unha actividade que a respecte, protexa e preserve.
  • Atraeremos eventos deportivos, culturais e ambientais para fomentaren a chegada de xente ao noso municipio.
  • Aproveitaremos o patrimonio arquitectónico en desuso como factor de atracción turística.
  • Utilizaranse as novas tecnoloxías para a promoción e posta en valor do concello (realidade virtual, aumentada etc.).
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress