Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 103 veces
CAMBRE

Cambre será o escenario do 20 aniversario de Susana Seivane como música profesional

Esta actuación forma parte do programa das Letras Galegas do Concello de Cambre, que inclúe tamén actividades culturais que se desenvolverán ao longo de tres días…

[Img #48481]O Concello de Cambre celebra as Letras  Galegas con tres días de actividades culturais que inclúen concertos e xogos para os máis pequenos, entre outras cousas.

 

A programación comezará o 17 de maio coa Asociación Cultural  Barballocas e a súa representación de “O  estorniño Nino” no Centro Sociocultural do Graxal. Esta actividade, que se celebrará ás 17:00 horas, está organizada pola concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade e contará coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

As actividades continuarán ao día seguinte, 18 de maio, con actos organizados pola concellería de Cultura, Deporte e  Mobilidade con motivo da celebración dos 20 anos de Susana Seivane no mundo da música como intérprete profesional, e o 80 aniversario do  obradoiro Gaitas Seivane. As actividades darán comezo a partir das 18:00 horas co obradoiro de baile tradicional de Pablo Díaz e Olga  Kirk. Esta actividade, dirixida a nenos de 4 a 11 anos, terá lugar no local social de  Samosteiro. A  Musicleta comezará a súa actuación ás 19:00 horas interpretando pezas populares nun pasacalles, despois do que se sucederá a actuación da Banda de Gaitas  Invernía. O prato forte do día será ás 21:00 horas coa actuación de Susana Seivane no Campo da Feira, na que intervirán David  Perdomo, Banda de Gaitas Invernía e a familia Seivane.

 

O 19 de maio será o peche das actividades co Concerto Letras  Galegas a cargo da Asociación Sementeira de Cambre no Anfiteatro do Parque da  Igrexa ás 13:00  h. Para acabar o día, ás 19:00 h, no mesmo lugar, terá lugar o espectáculo “Papar  sen Cancelas”, que en caso de choiva se trasladará ao Centro Sociocultural  do  Graxal.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress