Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de mayo de 2019 | Leída 12 veces

O Concello destina 80.000 euros á campaña de desbroce deste ano

O servizo está en fase de contratación e o prazo de presentación de ofertas concluirá o próximo martes. O contrato está dividido en catro lotes co propósito de axilizar a execución das actuacións. Inclúense todas as estradas municipais e tamén as parcelas que non contempla o contrato de mantemento de zonas verdes...

O Concello da Laracha está a desenvolver o procedemento de contratación dos servizos referidos aos traballos para a prevención e defensa contra incendios forestais e de roza de vías e parcelas municipais que se realizarán ao longo dos próximos meses.

 

Destinaranse un total de 80.000 euros procedentes integramente de fondos municipais a esta campaña de desbroce que, co propósito de axilizar a execución dos labores previstos, está dividida en catro lotes. Os tres primeiros inclúen a totalidade das estradas de titularidade municipal. O cuarto recolle a limpeza das parcelas municipais que non están contempladas no contrato do servizo de mantemento e conservación de zonas verdes e que alcanzan, en total, unha superficie de 150.000 metros cadrados.

 

As empresas interesadas en concorrer a este procedemento de contratación teñen de prazo ata o martes da próxima semana (21 de maio) para presentar as súas ofertas. Toda a documentación está dispoñible na Plataforma de Contratación del Sector Público.

 

A campaña de desbroce das cunetas das vías e das parcelas de titularidade municipal ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede viaria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress