Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 15 de mayo de 2019 | Leída 69 veces

Cen persoas participaron nas dúas primeiras rutas do programa de andainas “Coñece o teu Concello”

O domingo realizarase o último roteiro polo río Acheiro. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello...

[Img #48471]

 

A segunda edición do programa de andainas “Coñece o teu Concello” está a ser un novo éxito de participación. Entre a primeira (río Anllóns) e a segunda (costa de Caión) contouse cun centenar de asistentes.

 

Agora o prazo está aberto para a terceira das rutas, que terá lugar este domingo pola mañá. Percorrerase o río Acheiro desde Ponte Pereiro ata O Igrexario de Golmar, cubríndose unha distancia duns sete quilómetros neste fermoso entorno fluvial. O roteiro é de dificultade baixa e apto para nenos e adultos.

 

O Concello da Laracha porá a disposición dos participantes o transporte gratuíto en autobús, con saída da Praza do Concello ás 9:30 horas e regreso ao remate do percorrido.

 

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer á veciñanza a oportunidade de realizar rutas de sendeirismo por diferentes localizacións do termo municipal destacando a beleza natural e as paisaxes tanto do litoral como dos entornos fluviais.

 

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse ben acudindo ao Concello ou chamando ao 981 605 001.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress