Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 15 de mayo de 2019 | Leída 20 veces

O Concello inicia o procedemento de contratación dun técnico de turismo e dunha cuadrilla de obras e servizos

As bases de ambas convocatorias foron publicadas onte no BOP. O técnico de turismo atenderá as oficinas municipais ata final de ano. A cuadrilla de obras e servizos estará formada por sete peóns e dous capataces...

O Concello da Laracha iniciou dous procedementos de selección de persoal coa publicación das bases de ambas convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP) no día de onte.

 

Un deles é referido á contratación dun técnico de turismo para atender as oficinas de información turística municipais ata final de ano. A selección realizarase na modalidade de concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba tipo test e outra de coñecemento do idioma galego para os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título Celga 4. No concurso valoraranse a formación e a experiencia e realizarase unha entrevista curricular. O prazo de 10 días naturais para que os aspirantes se inscriban comezará mañá mércores.

 

O outro procedemento de selección de persoal ten por finalidade contratar nove persoas (sete peóns e dous capataces) para formar as cuadrillas de obras e servizos municipais no marco do programa PEL 2019. A duración dos contratos será de cinco meses. Os aspirantes serán persoas en desemprego e atoparse nalgunha das situacións de exclusión laboral.

 

O sistema de selección tamén será concurso-oposición. A fase de oposición consistirá na realización dunha proba práctica de manexo das ferramentas. No concurso valorarase a formación e a entrevista curricular, ademais da proba de galego eliminatoria.

 

Neste caso o prazo para presentar as instancias e participar no procedemento selectivo é de cinco días hábiles a contar a partir de mañá.

 

As bases de ambas convocatorias poden consultarse no BOP e tamén na web municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress