Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 15 de mayo de 2019 | Leída 30 veces
PSOG-PSOE

O PSdeG-PSOE creará a Policía Verde para controlar os vertidos e a contaminación en Arteixo

A reciclaxe é un eixo importante no apartado de sustentabilidade do programa electoral socialista con medidas como a construción dunha planta de reciclaxe, minipuntos limpos e un punto limpo móbil para o rural...

O apartado de sustentabilidade do programa electoral do PSdeG-PSOE inclúe a posta en marcha da Brigada Verde dentro da Policía Local que vixiará e controlará os vertidos e a contaminación. “Non é a única proposta que temos para loitar contra actuacións contaminantes. Para facilitar o correcto tratamento de residuos, poñeremos en marcha minipuntos limpos e un punto limpo móbil para o rural. Aínda que é un reto difícil, esperamos que con estas dúas medidas poidamos loitar e poñer fin aos vertedoiros incontrolados, entre outros problemas medioambientais do municipio”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.

 

O PSdeG-PSOE considera fundamental manter os leitos fluviais en bo estado. “Construiremos un paseo no contorno do encoro do Rexidoiro (Sabón) con postos de observación ornitolóxica e que estea preparado para a práctica deportiva”, explica Seco.

 

O Arteixo Sostible que defenden os socialistas inclúe a creación dunha planta de caracterización e reciclaxe. Fomentar acordos con establecementos comerciais para fomentar a ecoloxía urbana e a electrificación da flota de vehículos municipais e a construción de puntos de recarga de vehículos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress