Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 14 de mayo de 2019 | Leída 42 veces
BNG

O BNG de Arteixo dotará de recursos os Servizos Sociais e creará unha oficina de atención de trámites para as persoas maiores

Os nacionalistas mellorarán en Arteixo os servizos sociais, traballarán a favor da integración social e desenvolverán programas sociais específicos para a mocidade e as persoas maiores...

Estes son as medidas do BNG de Arteixo a prol do Benestar Comunitario de xeito máis detallado.

 

Servizos Sociais

  • Reestruturaremos e descentralizaremos a Concellaría e será dotada de medios humanos e recursos. Traballaremos pola estabilización laboral do persoal.
  • Faremos de xestión pública o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), hoxe de xestión privada.
  • Activaremos un servizo de atención a trámites electrónicos.

 

Integración e inclusión social

  • Porase en funcionamento un centro ocupacional para persoas con diversidade funcional.
  • Construiremos un Arteixo libre de barreiras, xa sexan físicas, cognitivas ou sensoriais.
  • Activaremos unha liñas de axudas para adaptación de vivendas e vehículos a persoas con diversidade funcional ou dependencia.
  • Estudaremos a construción dunha pequena comunidade mixta como proxecto modelo para persoas con deterioración neurodexenerativa e cognitiva.

 

Atención á xente de idade

  • Crearase unha oficina para a xente idosa para lle facilitar axuda nos trámites administrativos e para dar conta das necesidades das persoas de idade. Pensamos que os servizos sociais teñen de servir tamén para manteren a xente idosa en contacto coa sociedade en que vive.
  • Haberá programa de atención a soidade con medidas efectivas e coordinadas.

 

Atención á mocidade

  • Habilitaremos un Programa de Bolsas para o estudo secundario, universitario e formación profesional. Nestas bolsas tamén poderán entrar proxectos de especialización, exportación e innovación da economía local.
  • Farase un Programa de prevención de adiccións con substancias na populación adolescente (alcool, drogas, ludopatías etc.).
  • Apoiaremos de maneira económica e promocional a mocidade que desenvolve actividades artísticas con programas específicos (música, teatro, cinema, pintura, baile, escultura etc.).
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress