Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 14 de mayo de 2019 | Leída 28 veces
PSOG-PSOE

O PSdeG-PSOE de Arteixo avoga por medidas que permitan a participación cidadá na vida pública

Os socialistas queren que a veciñanza asigne unha porcentaxe dos orzamentos, ademais de reactivar o Consello Veciñal. Outras das medidas son a reestruturación dos recursos humanos do Concello, que os plenos volvan ser pola tarde e a reapertura de Radio Arteixo...

“Os socialistas queremos que a veciñanza participe da vida pública para construír entre todos e todas un Arteixo mellor”, afirma Martín Seco, candidato socialista á Alcaldía de Arteixo. O programa electoral do PSdeG-PSOE inclúe un apartado con medidas para que a administración local estea máis preto da veciñanza.

 

“Se son alcalde, terei un horario de atención directa á veciñanza para que os veciños e veciñas poidan expoñer, presentar, demandar e exixir o que consideren de interese”, indica Seco. Ademais, os socialistas queren que os plenos volvan ser pola tarde para facilitar a asistencia da cidadanía e a reapertura de Radio Arteixo. No seu programa inclúen a posta en marcha dunha APP para móbiles, coa idea de facilitar a comunicación e os trámites entre o Concello e a veciñanza.

 

Os socialistas avogan por reactivar o Consello Veciñal, ademais de crear outros sectoriais como o de Deporte e da Cultura. No mesmo apartado, inclúen a posta en marcha do Consello Escolar Municipal.

 

A cidadanía asignará unha porcentaxe dos orzamentos municipais, e os socialistas dotarán de contido o Portal de Transparencia para que “os veciños e veciñas podan consultar a información do Concello e estean ao tanto da labor do Goberno”.

 

Por último, o PSdeG-PSOE propón unha reestruturación do persoal do Concello “garantindo e dignificando o seu traballo”. Dentro da vida administrativa, apostan por revisar e actualizar as ordenanzas municipais para simplificar a normativa e derrogar as que xa non sexan de utilidade pública.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress