Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 13 de mayo de 2019 | Leída 25 veces
CAMBRE

Unión por Cambre fará do Mero o gran parque da área metropolitana

Unión por Cambre (UxC) fará do Mero o gran parque da área metropolitana por iso, na vindeira lexislatura o partido de García Patiño abogará por crear dúas amplas zonas de lecer no entorno do paseo fluvial...

[Img #48454]

 

Unha desas áreas de lecer de 25.000 m2 ubicarase na Barcala, donde se construirá unha zona de deportes alternativos coa instalación dun rocódromo e un parkour. Ademais, nese mesmo espazo, vaise crear o primeiro horto urbano do concello dando así aos veciños a oportunidade de poder contar cun anaco de terreo donde poder cultivar os seus propios produtos de horta.

 

A segunda gran zona de esparcemento crearase no lugar do Noceiro. Serán 58.000 m2 de zona dotacional para desfrute dos veciños, con espazo para práctica de deporte ao aire libre, espazo donde poder comer, pasar o día e descansar en plena natureza.

 

A actuación en torno ao Mero completarase coa recuperación da zona do merendeiro no muiño de Peiraio, dotar oa paseo fluvial dun servizo de aluguer de bicicletas e potenciar a senda do Mero como espazo para o deporte en contacto coa natureza como running ou ioga.

 

Xunto á actuación no río Mero, Unión por Cambre aposta por aproveitar as opotunidades que os ríos de Cambre ofrecen. O partido de García Patiño vai recuperar os camiños tradicionais, vai abrir as fragas de Cambre para o desfrute dos veciños, vai recuperar o sendeiro do regato de San Bieito que conecta San Lourenzo e Cambre e vai poñer en valor e potenciar as sendas fluviais do Brexa e do Gándara.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress