Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de mayo de 2019 | Leída 68 veces

O alcalde felicitou a Carmen Rodríguez García polo seu 102 aniversario

José Manuel López Varela agasallouna en nome da Corporación municipal. É natural de San Cristovo e actualmente reside en A Calvela, na parroquia de Golmar. É a cuarta persoa de maior idade do municipio...

[Img #48442]

 

A cuarta persoa de maior idade do municipio, Carmen Rodríguez García, festexou o 102 aniversario.

 

Carmen neceu en San Cristovo (parroquia de Golmar) o 27 de abril de 1917. Viviu durante moitos anos no municipio de Oleiros ata que hai agora dous anos regresou ao Concello da Laracha. Actualmente reside no lugar de A Calvela (tamén, en Golmar), nunha vivenda do matrimonio formado pola súa sobriña-neta, María Jesús Rodríguez, e o seu marido César Verdía.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e as concelleiras Rocío López e Cristina Vieites, felicitárona en persoa e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

No Concello da Laracha residen actualmente sete persoas que superan os cen anos de vida. Todas elas son mulleres.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress