Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de mayo de 2019 | Leída 12 veces

Este luns, último día para mercar as entradas para a Festa-Homenaxe á terceira idade

Celebrarase o 18 de maio e está incluída no programa municipal das Letras Galegas. Consistirá nunha misa, xantar e baile con música en directo. Dirixido a veciños do Concello maiores de 65 anos de idade, xubilados e pensionistas...

O Concello da Laracha lembra que este luns será o último día no que poderán mercarse entradas para asistir á Festa-Homenaxe aos nosos maiores, evento que se celebrará o sábado 18 de maio e que está incluído no programa municipal para festexar as Letras Galegas.

 

Todos os veciños do Concello que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas poden adquirilas no edificio administrativo da Laracha ao prezo de dez euros.

 

A Festa-Homenaxe desenvolverase no pavillón do IES Agra de Leborís. Ás 13:00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

 

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento co propósito de facer un homenaxe á terceira idade ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress